"A lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar" "

jueves, 20 de febrero de 2020

Gloria Sánchez!

Onte contamos no cole coa presenza de Gloria Sánchez, autora de Noé e gato fan teatro, libro que leron e traballaron os alumn@s de 3 e 4 EP. Por unha fenda do tempo, Noé irrompe nas nosas augas coa súa arca chea de animaliños. Pero as circunstancias de hoxe en día vanlle causar máis inconvenientes ca o propio diluvio. E, despois desta, outra historia: a do gato dunha casa na que vive un neno moi fedello e rebuldeiro... A que vos apetece botarlle unha ollada? Pois xa sabedes...


















martes, 18 de febrero de 2020

Rosalía en melodía!

Esta semana continuamos conmemorando a figura de Rosalía... Onte fixemos no cole unha representación moi especial sobre esta escritora á que queremos tanto... Contamos coa axuda de Yolanda, a profe de Música, que fixo cos máis peques do cole unha actividade marabillosa e moi diferente que nos encantou a todos! Queredes saber de que se trata? Pois mirade, mirade... 👆👆👆











lunes, 17 de febrero de 2020

Lectores asiduos!

Graciñas Pablo por vir tanto á biblio! Estamos encantados, e Bookie tamén!!! ☺☺☺


Rosalía!

A piques de celebrarse o Día de Rosalía...nós xa estamos en iso!!! O venres comezamos cunha das actividades nas que lembraremos a súa figura e obra. Nesta tarefa traballouse cos máis peques do cole! Queredes saber en que consistiu a actividade? Pois ben, os máis maiores organizaron unha exposición sobre ela, un taller de pintura e un pequeno recital poético, todo adaptado aos compañeiros de infantil. Foi unha experiencia moi boa para todos e os peques comportáronse moi e desfrutaron moito aprendendo e pintando debuxos que tiñañ que ver coa vida e obra de Rosalía. Graciñas a todos, estivo xenial!!!