Moitísimas grazas Inés pola visita ao cole e por contarnos con tanta amabilidade e profesionalidade a túa traxectoria. Foi moi interesante e todos quedamos encantados contigo e con todo o que nos contaches sobre o cancro. Graciñas!!!
"A lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar" "
Mostrando entradas con la etiqueta Muller e nena na ciencia 2020. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Muller e nena na ciencia 2020. Mostrar todas las entradas
martes, 11 de febrero de 2020
#mullercienciaoncología#
Todo listo para a visita de Inés Formoso, oncóloga no Hospital Universitario Lucus Augusti. Esperámola cos brazos abertos para que nos fale da súa traxectoria persoal e profesional en relación coa ciencia! Que ganas de recibila! ✋✋✋✋
#11febrerociencia#
No ano 2015, a ONU estableceu
un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as
nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución
A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación
plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para
lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Lembrar que a ciencia
e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS,
incluidos na Axenda
2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
Esta é unha data que cada ano
se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores
STEAM. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de
investigación e experimentación ... son algunhas das actividades que ocupan os
espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.
Pinchade nos seguintes
enlaces para coñecer as nosas recomendacións sobre esta temática!
Lecturas recomendadas primaria...
Lecturas recomendadas secundaria...
Biblioteca creativa...
Ciencia en galego...
lunes, 10 de febrero de 2020
Sorpresa, sorpresa!
Para celebrar o Día da muller e a nena na ciencia, mañá temos a sorte de contar no cole coa presenza de Inés Formoso, antigua alumna e oncóloga no HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti), en Lugo. Falaranos da súa traxectoria persoal e profesional e seguro que todo o que nos conta é máis que interesante. Grazas de antemán!!! ☺👩
#cienciamullernena11feb#
Como ben sabedes, mañá 11 de febreiro celébrase o Día da muller e a nena na ciencia... No cole faremos varias actividades para achegar aos nen@s a este tema e ademais temos una pequena sorpresa para os alumn@s da ESO... Pero polo pronto deixámosvos unha serie de recomendacións por se vos resultan de interés... Moitos deste libros están na biblio á vosa disposición! Consultádenos!!! 👧👩
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






































