"A lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar" "

martes, 31 de marzo de 2020

Contacontos xeniais!

Mirade este contaconto sobre o Coronavirus... Está xenial, que forma tan bonita de explicar a situación pola que estamos pasando!





Chámome Coronavirus!


Para traballar cos máis peques da casa...



















Seguimos viaxando!

Onte desde a biblio fixemos unha viaxe para coñercer as bibliotecas modernas máis impresionantes do mundo... Pois ben, hoxe coñeceremos algunha biblioteca máis, pero esta vez moi diferente ás de onte... Mirade que marabilla de sitio...

Cal vos gusta máis?







lunes, 30 de marzo de 2020

Manualidade nº1 para o noso concurso!

Un dos nosos alumnos de 2EP, Miguel Gago Conde, é o primeiro en participar no concurso da biblio!!! Moitísimas grazas peque!!! Aquí vos presento o seu traballo, ao que lle asignaremos o número 1, lembrádeveo!!! Miguel fixo a sús visión do coello de Alicia en el país de las maravillas, un libro que temos na biblio e que recomendamos ler. Miguel, eres un verdadeiro artista!!!

Agardamos recibir máis traballos! Animádevos!!!


MANUALIDADE Nº 1



Viaxamos xunt@s?

Familias, alumn@s, hoxe propoñémosvos unha viaxe moi interesante!!! Recordades que Bookie, a nosa mascota, viaxou un verán arredor do mundo para coñecer outras bibliotecas e coller ideas para a nosa? Pois ben, no seguinte enlace podedes ver algunhas desas bibliotecas, as bibliotecas modernas máis alucinantes do mundo!!!






Bo día, con ánimo unha semana máis!!!



viernes, 27 de marzo de 2020

Para ter SEMPRE presente...



Teatro para infantil e primaria!

Familias, peques, aquí tedes unha serie de recursos por se queredes traballar este xénero literario desde a casa... De calquera cousa que fagades podedes mandarnos as vosas fotos ao correo da biblio:

bookiemascota@gmail.com







Biblioteca virtual de Galicia!

Que sorte a nosa! A Biblioteca virtual de Galicia tamén pon á nosa disposición recursos teatrais, mirade, mirade...






Teatro en youtube!

Se vos interesa, podedes acceder ao Teatro da Zarzuela a través do seguinte enlace... Que sorte temos de telo á nosa disposición!!!




Teatro na TVE!

A TVE ten unha programación moi interesante sobre esta temática, na que alterna clásicos con éxitos teatrais actuais...




Teatroteca!

Para os máis maiores, mirade que cantidade de obras teatrais tedes no seguinte enlace!!! E por riba podedes acceder sen ningún tipo de problema!!! Que mellor plan para este día que peli, manta e teatro... Desde a biblio apuntámonos!!!





Día Mundial do Teatro!




jueves, 26 de marzo de 2020

Keep reading en casa!

Alumn@s, mirade que iniciativa máis boa a do Grupo Planeta! Ofrece dez libros a coste cero en pdf para ler na casa! Que gran oportunidade!!! Mirade no seguinte enlace se vos interesa algún deles...






Poesía contra a pandemia!

Coñecedes a Luís García Montero? Non? Pois é o director do Institto Cervantes e poeta. No seguinte vídeo, desvélanos e recítanos que leu nestes días de estar na casa... É un poema moi especial, que o acompaña cando quere pensar na fraxilidade, na vanidade e na sen razón do mundo... Merece a pena escoitalo...





El monstruo de colores!

Hoxe queremos compartir con vós este conto, sobre o coronavirus... Pode axudaros a explicarlle aos máis peques a situación pola que estamos pasando...








Julio Verne!

Tamén sabemos que aos máis maiores gústavos ler, aínda que tedes menos tempo... Pois ben, un dos autores que ten moito éxito entre vós é Julio Verne, así que no seguinte enlace tedes a oportunidade de descargar 50 libros del en pdf para ler na casa! Aproveitade esta oportunidade!!!







Elena en cuarentena!

Para os máis peques, que vides moito á biblio e sei o MOITO que vos gusta ler, déixovos un enlace a un conto cuxa protagonista é unha nena, Elena... Que fará Elena en cuarentena? Se o queres saber tes que pinchar no seguinte enlace, podes acceder ao libro e a un montón de actividades... ☺



Como mola!!!

Que sorte temos de ter isto á nosa disposición!!! Mirade, mirade...



Bo día familias, alumn@s!





miércoles, 25 de marzo de 2020

Concurso! Animádevos a participar!

Alumn@s, desde os máis peques aos máis maiores... Que vos parece participar nun concurso? Podedes aproveitar este tempo na casa para facer unha manualidade, a que queirades... Eso sí...ten que ter algúnha relación coa lectura, coas bibliotecas, cos libros, coas pelis... A idea é que fagades o que queirades relacionado con este temática e nos mandedes unha fotografía coa vosa manualidade! Mandádea ao correo da biblio (bookiemascota@gmail.com) e logo veremos quen é o gañador@! Cando teñamos as primeiras fotos, informarémosvos do método para escoller a manualidade que máis gusta. O gañador@ recibirá un premio sorpresa cando volvamos ao cole! Veña, a participar!!!



Educar en valores!

Por que non aproveitamos estes días para educar aos nen@s e non tan nen@s en valores? Estar na casa, ter máis tempo, é un momento idóneo para traballar isto cos nen@s... Aproveitémolo!!! Aquí tedes 8 pelis para educar en valores, recomendable calquera, están xenial, aínda que están máis adecuadas para primaria e secundaria...






Contacontos online!

Para os máis peques! Non podedes deixar escapar esta oportunidade!!! Apuntádea xa axenda!!!  Que grand idea!!!☺



Lugares marabillosos!

Queredes visitar 6 lugares marabillosos desde a casa? Gustaríavos coñecer Petra, a Muralla China, Machu Pichu, Versalles, as Pirámides de Giza ou Río de Xaneiro? Sí? Pois pincha no seguinte enlace...






Biblioteca Dixital Mundial!

Que gran agasallo da UNESCO para a humanidade!!! A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura colgou na rede o acceso á Biblioteca Dixital Mundial. Un gran obsequio, sobre todo para os máis maiores. Estes días nos que temos que estar na casa podemos aproveitar o tempo culturalmente. Que disfrutedes moito en familia con este novo portal do coñecemento!





Literatura africana!

Seguro que moit@s non a coñeces... Que mellor momento para comezar a ler literatra africana??? É unha idea xenial... Aquí tedes enlaces onde o podedes facer sen ningún problema... Animádevos!!! ☺






Xa falta menos para vernos!




martes, 24 de marzo de 2020

Día Mundial da Auga!

O día 22 tamén se celebrou o Día Mundial da Auga... Recomendámosvos ler este artigo da ONU, que tendo en conta a situación pola que estamos pasando tamén a relaciona coa presenza deste virus no mundo...



Aquí tedes tamén unha serie de libros para os máis peques, moitos deles están na biblio, quedádevos co nome!







E tamén son interesantes os libros relacionados co cambio climático, é moi importante concienciarse desta problemática e facer o posible entre todos para solucionala..