"A lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar" "
Mostrando entradas con la etiqueta Primaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Primaria. Mostrar todas las entradas

martes, 30 de junio de 2020

Vémonos pronto!

Despois deste curso tan diferente ao que estábamos acostumados, toca descansar un pouco para comezar setembro coas pilas cargadas e con moitas ganas!!! Agardamos que teñades un bo verán e, sobre todo, moita saúde. Non esquezades seguir lendo, en calquera sitio!!!

Unha aperta grande de todo o equipo, vémonos!!!




En preparación...

No cole xa nos estamos preparando para o novo curso... 

Mirade, mirade... ☝☝☝😀💗

Que cousiñas tan interesantes!!!!!!!!!!








Recomendacións para este verán!

Familias, alumn@s, deixámosvos unhas suxerencias para non perder o hábito de ler este verán... Ah! E como sabemos que vos gusta moito debuxar, tamén os deixamos un enlace onde podedes ver cales son as aplicacións máis chulas para debuxar...

Lecturas de verán...









Aplicacións para debuxar gratis...




Grazas, grazas e grazas!!!

Hoxe queremos agradecer a todos os que estivéchedes traballando con nós desde a casa, aos alumn@s e ás familias, grazas por seguir estando presentes e por contribuír a que a biblio estivera activa todo este tempo... Compartimos algunhas das vosas fotos... 💕










jueves, 11 de junio de 2020

Lecturas con sabor a mar...

O pasado 8 de xuño celebrouse o Día Mundial dos Océanos... Que importante é coidar do mundo que nos rodea!!! Para traballar este tema, recomendámosvos as seguintes lecturas...
Agardamos que vos gusten! 

Non esquezades ser reponsables, sempre, pero hoxe máis que nunca...

Esta loita é de todos!!!




Unha palabra para Don Ricardo...

Compartimos con vós unha pequenísima entrevista na que a recentemente falecida Araceli Herrero Figueroa define a Carballo Calero...

Que a terra te sexa leve...





Un pesar enorme...

Hoxe queremos render unha homenaxe a Araceli Herrero Figueroa, recentemente falecida... Para os que non a coñecíades, se é o caso, foi catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura da Universidade de Santiago de Compostela (USC), ademais da primeira profesora en ensinar galego en Lugo tras o franquismo. Estudosa de Pardo Bazán, Pimentel e o recentemente homenaxeado Carballo Calero, deixa un oco enorme no corazón de todos os que a coñecíamos, pola súa profesionalidade e personalidade...


Mandamentos!

Hoxe queremos compartir con vós os 10 mandamentos que debe seguir un bo lector... Cantos segues ti?



Xoves!

Comezamos o día con esta imaxe... Desde a biblio encántanos, sempre hai un momento e un espazo para ler, sempre! Que imaxe tan tenra!




viernes, 22 de mayo de 2020

Contacontos!

Que mellor plan para esta mañá que rematala coa lectura dun conto??? Mirade que contos tan bonitos!

Poesía familiar!

Hoxe queremos compartir con vós a fermosa poesía que leron as nosas profes de infantil a todas as familias e nen@s do cole, en especial aos máis peques, para conmemorar o Día das Familias....

Que receta tan interesante! Apúntoa? E ti?





jueves, 21 de mayo de 2020

Día Internacional dos Museos!

O pasado 18 de maio celebrouse o Día Internacional dos Museos... Que ganas de poder asistir a un!!! Pero mentres iso non pasa, podemos facelo de xeito virtual ou ler libros sobre eles... Mirade, mirade...



Lecturas recomendadas...






Visitas virtuais...





Día das Familias!

O pasado 15 de maio celebrouse este día tan especial e que sempre celebramos entre todos no cole, como a gran familia que somos... Aínda que este ano tocouno facer de xeito virtual, estamos moi contentos de celebralo igualmente! E como non podía faltar, aquí tedes uns libros sobre esta temática para ler en familia...

Sexa como sexa, o importante é a FAMILIA!




Infantil




Primaria




Secundaria



Libros, libros e máis libros!

Que mellor plan que ler un libro ao aire libre estes díás? Aquí deixámosvos varias recomendacións, entre moitas cousas máis... Nos seguintes enlaces podedes ver un resumo de todas as actividades que fixeron os nosos alumnos desde a casa para conmemorar o Día do Libro...




Contacontos cos nosos peques...

https://atochainfantilarzua.blogspot.com/2020/04/contacontos-dia-do-libro-23-de-abril.html







Os nenos de 1 e 2EP elaboran un libro...



Que orixinais son os alumnos de 3EP...




Que cousas tan feitiñas fixeron os alumnos de 4EP...





Sant Jordi en 1ESO...



Os libros favoritos de 2ESO...

Bo día!

#felizxoves

#sempreviaxando

#plansquemolan

#apúntaste?


lunes, 11 de mayo de 2020

Xa temos aos gañadores do noso concurso!

Familias, rapaces, xa temos aos gañadores!!! Grazas por os vosos votos!!! Noraboa a todos por participar, cada un dos vosos traballos estaba xenial, soamente por eso recibiredes un pequeno agasallo a través dos vosos correos electrónicos esta semana! E noraboa  por partida dobre aos gañadores, recibiredes tamén unha sorpresiña nos vosos correos, así como información dos premios!

Moitas grazas a todos!!!

Gañadores!

Miguel Gago, 2EP


Aaron, 3EP


Noemi, 4ESO



Ola, son Leo!

Rapaces, hoxe queremos presentarvos a alguén moooooooi especial... Queredes saber de quen se trata? Ben, estes días a nosa mascota, Bookie, tamén ten que estar no cole, non pode saír moito á rúa, así que aproveita o tempo para ler, xogar, pasear cando se pode... E sabedes que? Tamén fai videochamadas cos seus amigos, como vós cos profes! Pois un deses amigos é Leo, que hoxe quere recomendarvos uns libros para ler na casa! Mirade, mirade...



Feliz luns!

Que boa idea para comezar a semana e o luns! Encántanos!!!

Apúntaste?



martes, 5 de mayo de 2020

Luz Pozo Garza!

Hoxe queremos rendir unha merecida homenaxe a unha escritora fabulosa, da nosa terra, Luz Pozo Garza... Como sabedes, faleceu o pasado 20 de abril en A Coruña...
Desde a biblio queremos facer un pequeno recordatorio da súa vida é obra, aínda que é moitísimo o que se podería dicir dela, e todo positivo...
Nos seguintes enlaces, tedes dous artigos no que se recollen os aspectos máis importantes da súa persoa e obra, así como un vídeo na que é entrevistada despois de recibir o Premio Trasalba no ano 2019...

Que a terra che sexa leve...










Concurso de manualidades!

Familias, alumn@s, xa temos todos os traballos que fixéchedes moitos de vós para conmemorar o Día do Libro! Que cousan tan ben feitas e orixinais!!! Noraboa a todos, sodes uns verdadeiros artistas!!!
Para escoller aos gañadores, ademais de ter en conta a opinión do equipo de biblioteca, queremos contar coa vosa opinión, así que vamos facer o seguinte... Desde hoxe ata este venres día 8, tedes a oportunidade de votar a vosa manualidade favorita! Cada día compartiremos esta entrada no facebook da biblio, así que podedes ir comentando que manualidade é a vosa favorita... Evidentemente, podedes ensinar os traballos aos nen@s, para que nos conten a través de vós cal é a súa favorita! O venres faremos un reconto e daranse a coñecer os gañadores!!! 😊
Lembrade que hai tres modalidades: desde 3 anos a 2EP, de 3EP a 6EP  e Secundaria. Neste último caso soamente recibimos un traballo, así que xa temos gañadora! 😜

Esperamos a vosa participación!


Aquí tedes un enlace onde podedes ver todas as manualidades!