"A lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar" "

martes, 30 de junio de 2020

Vémonos pronto!

Despois deste curso tan diferente ao que estábamos acostumados, toca descansar un pouco para comezar setembro coas pilas cargadas e con moitas ganas!!! Agardamos que teñades un bo verán e, sobre todo, moita saúde. Non esquezades seguir lendo, en calquera sitio!!!

Unha aperta grande de todo o equipo, vémonos!!!




En preparación...

No cole xa nos estamos preparando para o novo curso... 

Mirade, mirade... ☝☝☝😀💗

Que cousiñas tan interesantes!!!!!!!!!!








Recomendacións para este verán!

Familias, alumn@s, deixámosvos unhas suxerencias para non perder o hábito de ler este verán... Ah! E como sabemos que vos gusta moito debuxar, tamén os deixamos un enlace onde podedes ver cales son as aplicacións máis chulas para debuxar...

Lecturas de verán...









Aplicacións para debuxar gratis...




Grazas, grazas e grazas!!!

Hoxe queremos agradecer a todos os que estivéchedes traballando con nós desde a casa, aos alumn@s e ás familias, grazas por seguir estando presentes e por contribuír a que a biblio estivera activa todo este tempo... Compartimos algunhas das vosas fotos... 💕










jueves, 11 de junio de 2020

Lecturas con sabor a mar...

O pasado 8 de xuño celebrouse o Día Mundial dos Océanos... Que importante é coidar do mundo que nos rodea!!! Para traballar este tema, recomendámosvos as seguintes lecturas...
Agardamos que vos gusten! 

Non esquezades ser reponsables, sempre, pero hoxe máis que nunca...

Esta loita é de todos!!!




Unha palabra para Don Ricardo...

Compartimos con vós unha pequenísima entrevista na que a recentemente falecida Araceli Herrero Figueroa define a Carballo Calero...

Que a terra te sexa leve...





Un pesar enorme...

Hoxe queremos render unha homenaxe a Araceli Herrero Figueroa, recentemente falecida... Para os que non a coñecíades, se é o caso, foi catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura da Universidade de Santiago de Compostela (USC), ademais da primeira profesora en ensinar galego en Lugo tras o franquismo. Estudosa de Pardo Bazán, Pimentel e o recentemente homenaxeado Carballo Calero, deixa un oco enorme no corazón de todos os que a coñecíamos, pola súa profesionalidade e personalidade...


Mandamentos!

Hoxe queremos compartir con vós os 10 mandamentos que debe seguir un bo lector... Cantos segues ti?



Xoves!

Comezamos o día con esta imaxe... Desde a biblio encántanos, sempre hai un momento e un espazo para ler, sempre! Que imaxe tan tenra!