"A lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar" "
Mostrando entradas con la etiqueta Día Mundial da Síndrome de Down 2020. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Mundial da Síndrome de Down 2020. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de marzo de 2020

Rap pola diversidade!

Onte recopilamos desde a biblio varios recursos para traballar a diversidade e a inclusión cos nen@s (libros, pelis...), pois como xa sabedes fai uns días celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down. Pois ben, hoxe quérovos amosar o traballo dunha persoa moi especial... Juan Rico Andión, que asiste diariamente ao Centro Ocupacional de Vilalba, na Terra Chá (Lugo), onde realiza diferentes tipos de labores... Pídovos que dediquedes un anaquiño a ler este rap que fixo él mesmo, desde o corazón... Se algún de vós se anima a poñerlle música sería xenial, podedes mandalo ao correo da biblio (bookiemascota@gmail.com)... Quen se anima???


lunes, 23 de marzo de 2020

Día Mundial da Síndrome de Down!

O pasado 21 de marzo tamén se celebrou o Día Mundial da Síndrome de Down... Pouco hai que dicir, simplemente TODOS SOMOS DIFERENTES... O demais sobra! Nestes tempos de influencers quero presentarvos a uns moi especiais... Coñecédeos???