"A lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar" "

jueves, 20 de febrero de 2020

Gloria Sánchez!

Onte contamos no cole coa presenza de Gloria Sánchez, autora de Noé e gato fan teatro, libro que leron e traballaron os alumn@s de 3 e 4 EP. Por unha fenda do tempo, Noé irrompe nas nosas augas coa súa arca chea de animaliños. Pero as circunstancias de hoxe en día vanlle causar máis inconvenientes ca o propio diluvio. E, despois desta, outra historia: a do gato dunha casa na que vive un neno moi fedello e rebuldeiro... A que vos apetece botarlle unha ollada? Pois xa sabedes...


















No hay comentarios:

Publicar un comentario