"A lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar" "

martes, 11 de febrero de 2020

#inésformosooncología#

Moitísimas grazas Inés pola visita ao cole e por contarnos con tanta amabilidade e profesionalidade a túa traxectoria. Foi moi interesante e todos quedamos encantados contigo e con todo o que nos contaches sobre o cancro. Graciñas!!!
























#mullercienciaoncología#

Todo listo para a visita de Inés Formoso, oncóloga no Hospital Universitario Lucus Augusti. Esperámola cos brazos abertos para que nos fale da súa traxectoria persoal e profesional en relación coa ciencia! Que ganas de recibila! ✋✋✋✋




#11febrerociencia#

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Lembrar que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS,  incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación ... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.

Pinchade nos seguintes enlaces para coñecer as nosas recomendacións sobre esta temática!

Lecturas recomendadas primaria...


Lecturas recomendadas secundaria...


Biblioteca creativa...



Ciencia en galego...



lunes, 10 de febrero de 2020

Sorpresa, sorpresa!

Para celebrar o Día da muller e a nena na ciencia, mañá temos a sorte de contar no cole coa presenza de Inés Formoso, antigua alumna e oncóloga no HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti), en Lugo. Falaranos da súa traxectoria persoal e profesional e seguro que todo o que nos conta é máis que interesante. Grazas de antemán!!! ☺👩



#cienciamullernena11feb#

Como ben sabedes, mañá 11 de febreiro celébrase o Día da muller e a nena na ciencia... No cole faremos varias actividades para achegar aos nen@s a este tema e ademais temos una pequena sorpresa para os alumn@s da ESO... Pero polo pronto deixámosvos unha serie de recomendacións por se vos resultan de interés... Moitos deste libros están na biblio á vosa disposición! Consultádenos!!! 👧👩













2EP na biblio!

Bo día, o venres visitáronnos na biblio os alumn@s de 2EP! 👋👋👋👋👋 Que contento estivo Bookie durante a súa visita!!! Estiveron devolvendo libros e collendo outros para ler na casa! A colección Los futbolísimos foi un verdadeiro éxito!!! Volvede pronto!!!





lunes, 3 de febrero de 2020

Pelis recomendables!

Como ben sabedes, este mes celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia... No cole estamos preparando un montón de actividades para celebrar este día, pero para ver os resultados tedes que agardar un pouquiño...merecerá a pena!!! Polo pronto, recomendámosvos estas pelis, tratan este tema e ademais de ser entretidas son moi educativas!