"A lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar" "

viernes, 29 de noviembre de 2019

Agasallos que molan moito moito!!!

A piques de comezar o Nadal, que mellor agasallo cun libro??? Un libro deses que nos transportan a outo mundo, que nos fan voar a imaxinación e que nos axudan a ser máis creativos e a aprender moitas cousas, realmente moitas máis das que pensamos... Pois aquí tedes unha listaxe dos libros que teñen máis exito entre os adolescentes!!! 





Que interesante!!!

Relacionado có post anterior e có papel das mulleres na sociedade, neste caso no ámbito da ciencia...



Mes da ciencia en galego na biblioteca!

Estamos a piques de rematar este mes de novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares. Amosarémosvos diversas actividades que fixemos no cole relacionadas con esta temática, pero para ir entrando en materia recomendámosvos algún dos libros que aparecen no seguinte enlace. Moitos deles témolos na biblio á vosa disposición!!! Tamén podedes ler o manifesto de Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética, ademáis de membro da Real Academia Galega de Ciencias.




Recomendacións...


Ángel Carracedo...





jueves, 28 de noviembre de 2019

Pablo!

Bo día! Onte veu un ratiño á biblio Pablo, alumno de 1ESO. Aproveitou para coller un libro para ler coa súa nai na casa. O libro titúlase O meu cole, de Jordi Sierra i Fabra, e narra a historia dunha nena que conta como é o seu colexio e como o pasa nel. Preferirá Pablo o seu ou gustaralle máis o da protagonista do conto? Nuns días contánolo!!!





miércoles, 27 de noviembre de 2019

Blogs de aula!

Estamos de estrea! Xa temos todos os blogs de aula á vosa disposición, de todos os curso do cole!!! Podédelos consultar directamente na marxe dereita deste! Consultádeos cando queirades, están cheos de cousas moi interesantes e de moito traballo!!!


martes, 26 de noviembre de 2019

2EP!

Hoxe volvemos recibir a visita de parte dos alumn@s de 2EP! Leron moi rápido os libros que levaron a semana pasada, así que volveron a por máis! Como molan estes nen@s! Mañá máis!!!






#25Nxuntos#