"A lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar" "

lunes, 11 de mayo de 2020

Xa temos aos gañadores do noso concurso!

Familias, rapaces, xa temos aos gañadores!!! Grazas por os vosos votos!!! Noraboa a todos por participar, cada un dos vosos traballos estaba xenial, soamente por eso recibiredes un pequeno agasallo a través dos vosos correos electrónicos esta semana! E noraboa  por partida dobre aos gañadores, recibiredes tamén unha sorpresiña nos vosos correos, así como información dos premios!

Moitas grazas a todos!!!

Gañadores!

Miguel Gago, 2EP


Aaron, 3EP


Noemi, 4ESO



Ola, son Leo!

Rapaces, hoxe queremos presentarvos a alguén moooooooi especial... Queredes saber de quen se trata? Ben, estes días a nosa mascota, Bookie, tamén ten que estar no cole, non pode saír moito á rúa, así que aproveita o tempo para ler, xogar, pasear cando se pode... E sabedes que? Tamén fai videochamadas cos seus amigos, como vós cos profes! Pois un deses amigos é Leo, que hoxe quere recomendarvos uns libros para ler na casa! Mirade, mirade...



Feliz luns!

Que boa idea para comezar a semana e o luns! Encántanos!!!

Apúntaste?



martes, 5 de mayo de 2020

Luz Pozo Garza!

Hoxe queremos rendir unha merecida homenaxe a unha escritora fabulosa, da nosa terra, Luz Pozo Garza... Como sabedes, faleceu o pasado 20 de abril en A Coruña...
Desde a biblio queremos facer un pequeno recordatorio da súa vida é obra, aínda que é moitísimo o que se podería dicir dela, e todo positivo...
Nos seguintes enlaces, tedes dous artigos no que se recollen os aspectos máis importantes da súa persoa e obra, así como un vídeo na que é entrevistada despois de recibir o Premio Trasalba no ano 2019...

Que a terra che sexa leve...










Concurso de manualidades!

Familias, alumn@s, xa temos todos os traballos que fixéchedes moitos de vós para conmemorar o Día do Libro! Que cousan tan ben feitas e orixinais!!! Noraboa a todos, sodes uns verdadeiros artistas!!!
Para escoller aos gañadores, ademais de ter en conta a opinión do equipo de biblioteca, queremos contar coa vosa opinión, así que vamos facer o seguinte... Desde hoxe ata este venres día 8, tedes a oportunidade de votar a vosa manualidade favorita! Cada día compartiremos esta entrada no facebook da biblio, así que podedes ir comentando que manualidade é a vosa favorita... Evidentemente, podedes ensinar os traballos aos nen@s, para que nos conten a través de vós cal é a súa favorita! O venres faremos un reconto e daranse a coñecer os gañadores!!! 😊
Lembrade que hai tres modalidades: desde 3 anos a 2EP, de 3EP a 6EP  e Secundaria. Neste último caso soamente recibimos un traballo, así que xa temos gañadora! 😜

Esperamos a vosa participación!


Aquí tedes un enlace onde podedes ver todas as manualidades!




Día da nai!

O pasado domingo foi un día moi especial... Foi o día de todas as nais, esas persoas que sempre coidan de nós... Pois ben! Esa relación tan especial entre nais e fill@s é unha das temáticas máis bonitas que teñen mooooooitos libros de lectura! Como ben sabes, na biblio do cole temos varios que tratan este tema... Hoxe querémosvos recomendar as seguintes lecturas e animámosvos a ler calquera delas! 💓




Infanti e Primaria

(algúns tamén son para papás e mamás)







Secundaria




Novo mes!

Comezamos xunt@s un novos mes... Temos por diante 30 días nos que temos que seguir convivindo co ánimo, a forza e a paciencia... Cada vez falta menos para que saia o sol!!! ✋✋✋

#poucoapouco

#resistiremos