"A lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar" "

martes, 21 de abril de 2020

viernes, 17 de abril de 2020

Falta pouco!

Manuel Gago, escritor, xornalista e divulgador cultural de Galicia, creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasallan estas evocadoras afirmacións: 

"Cada libro que temos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"

"Que a primavera entre polas fiestras a traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas"


A imaxe do díptico deste ano débese á colaboración do profesor Harold Iglesias, no que aparece un "chasco" da Costa Vicentina, en Portugal, aínda que tamén é un paxariño común do noso país.

Aquí tedes uns enlaces interesantes relacionado co que acabamos de comentar:


Díptico Día Internacional do Libro 2020...




Información do "chasco" común...






Para os maiores!

A algúns de vós gústannvos moito os libros de misterio... Xa sabedes que na biblio temos moitos desta temática, e como lamentablemente non podedes ir á biblio do cole, deixámosvos un enlace cunhas suxerencias, por se vos gustan... Logo contádenos! 




Queda dito!!!

Se unha palabra anima e unha frase invita a reflexionar... Que fará un libro se o les? Terás que averigualo...

#lerdavida

#aproveitaparaler




miércoles, 15 de abril de 2020

Iniciativas que molan!

Alumn@s, familias, botádelle un vistazo ao seguinte enlace, tedes un montón de propostas literarias e culturais para pasar estes días na casa... Que sorte!!!






Non vos esquezades!!!

Alumn@s, non vos olvidedes de participar no concurso da biblio, aproveitade que o día 23 se celebra o Día Internacional do Libro, así que seguro que se vos ocorre unha manualidade moi chula para conmemorar este día tan especial!




Bo día!

Feliz mércores!!!

#faltamenos

#prontoacaba