"A lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar" "

miércoles, 25 de marzo de 2020

Educar en valores!

Por que non aproveitamos estes días para educar aos nen@s e non tan nen@s en valores? Estar na casa, ter máis tempo, é un momento idóneo para traballar isto cos nen@s... Aproveitémolo!!! Aquí tedes 8 pelis para educar en valores, recomendable calquera, están xenial, aínda que están máis adecuadas para primaria e secundaria...






Contacontos online!

Para os máis peques! Non podedes deixar escapar esta oportunidade!!! Apuntádea xa axenda!!!  Que grand idea!!!☺



Lugares marabillosos!

Queredes visitar 6 lugares marabillosos desde a casa? Gustaríavos coñecer Petra, a Muralla China, Machu Pichu, Versalles, as Pirámides de Giza ou Río de Xaneiro? Sí? Pois pincha no seguinte enlace...






Biblioteca Dixital Mundial!

Que gran agasallo da UNESCO para a humanidade!!! A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura colgou na rede o acceso á Biblioteca Dixital Mundial. Un gran obsequio, sobre todo para os máis maiores. Estes días nos que temos que estar na casa podemos aproveitar o tempo culturalmente. Que disfrutedes moito en familia con este novo portal do coñecemento!





Literatura africana!

Seguro que moit@s non a coñeces... Que mellor momento para comezar a ler literatra africana??? É unha idea xenial... Aquí tedes enlaces onde o podedes facer sen ningún problema... Animádevos!!! ☺






Xa falta menos para vernos!




martes, 24 de marzo de 2020

Día Mundial da Auga!

O día 22 tamén se celebrou o Día Mundial da Auga... Recomendámosvos ler este artigo da ONU, que tendo en conta a situación pola que estamos pasando tamén a relaciona coa presenza deste virus no mundo...



Aquí tedes tamén unha serie de libros para os máis peques, moitos deles están na biblio, quedádevos co nome!







E tamén son interesantes os libros relacionados co cambio climático, é moi importante concienciarse desta problemática e facer o posible entre todos para solucionala..