Hoxe cúmprense 75 anos da entrada das tropas aliadas no campo de concentración de Auschwitz, en Polonia. Por iso, o 27 de xaneiro é o día no que as víticmas do Holocausto son recordadas en todo o mundo. Aquí tedes unha serie de enlaces moi interesantes con información sobre este tema que marcou a historia de Alemania e do mundo en xeral. Na biblio temos libros que tratan esta temática. Hoxe recomendamos El diario de Ana Frank e El útltimo tren a Zúrich...
"A lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar" "
lunes, 27 de enero de 2020
martes, 21 de enero de 2020
Día da Paz!
O próximo 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da non violencia e a paz, e como ben sabedes, celebrarémolo no cole... Xa vos amosaremos todas as actividades que terán lugar no centro, estámolas preparando, pero vanvos gustar! Deixámosvos unha serie de recomendacións onde podedes consultar libros con este temática e aptos para todo tipo de alumnado, de infantil a ESO! Algúns deles están no cole á vosa disposición! Hoxe recomendamos, para os máis peques... La paloma de la Paz, de Jordi Sierra i Fabra! Tédelo na biblio!!!
Sobre mulleres que loitaron pola paz...
Recomendacións xerais...
Quen é quen?
En 3ESO en Xeografía e Historia estiveron vendo o tema do Renacemento. Acaban de estudar a arte renacentista en Europa, centrada sobre todo na pintura e nos autorretratos, elaborados con moito detallismo e realismo. E sabes que? Convertéronse en pintores renacentistas por un día e elaboraron os seus propios autorretratos, ademais dunha caricatura. Tamén fixeron un pequeno xogo na aula para adiviñar quen era quen. Algúns tíñano moi claro, outros non tanto... Que ben o pasaron!
lunes, 20 de enero de 2020
A Idade Media cos máis peques!
O venres os alumn@s de 2ESO foron a facer algo moi especial á clase dos peques do cole... Sabedes o que? Igual que fixeron eles no primeiro trimestre, os maiores fóronlles a ensinar e explicar os traballos que fixeron sobre a Idade Media... Foi moi interesante, todos desfrutaron e aprenderon cousas e pasárono xenial! Ademais, os maiores agasalláronos cuns debuxos moi chulos sobre este etapa!
jueves, 16 de enero de 2020
Rosalía de Castro!
O luns 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro, data na que recordaremos no centro a esta magnífica escritora que tanto fixo pola nosa cultura... E como non podía ser menos, nos seguintes enlaces tedes información sobre ela e a súa obra. Nun deles podedes coñecer, se non as sabedes xa, unha serie de curiosidades sobre ela, e no outro podedes consultar unha serie de libros escritos por ela, así como outros que falan sobre a súa figura. Hai libros de todos os niveis, desde infantil a secundaria. Recomendamos a serie Mulleres bravas da nosa historia, cun exemplar dedicado a ela. Témolo na biblio á vosa disposición!!!
O papel da nena e da muller na ciencia!
Como ben sabedes, o próximo 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia, polo que desde a biblio, e para ir quentando motores e antes de amosarvos as actividades que faremos no cole, recomendámosvos visitar os seguintes enlaces... Neles atoparedes libros que tratan esta temática, para todas as etapas... Son moi interesantes, animámosvos a ler calquera deles! Moitos deles tédelos na biblio!!!
http://apegoyliteratura.es/mujeres-y-ciencia-seleccion-de-libros/
https://www.nationalgeographic.com.es/ciencia/mujeres-y-ciencia-5-libros-imprescindibles_13977
https://www.nationalgeographic.com.es/ciencia/mujeres-y-ciencia-5-libros-imprescindibles_13977
jueves, 9 de enero de 2020
Comezamos o segundo trimestre!
Bo día, comezamos o segundo trimestre recomendando estas lecturas do Barco de vapor... Son 10 títulos adaptados ao sistema lectura fácil, que facilita o acceso e disfrute da lectura para todos, con independencia das súas capacidades. Algúns deles están na biblio, animádelos a collelos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















































