En 3ESO en Xeografía e Historia estiveron vendo o tema do Renacemento. Acaban de estudar a arte renacentista en Europa, centrada sobre todo na pintura e nos autorretratos, elaborados con moito detallismo e realismo. E sabes que? Convertéronse en pintores renacentistas por un día e elaboraron os seus propios autorretratos, ademais dunha caricatura. Tamén fixeron un pequeno xogo na aula para adiviñar quen era quen. Algúns tíñano moi claro, outros non tanto... Que ben o pasaron!
No hay comentarios:
Publicar un comentario