"A lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar" "

jueves, 30 de mayo de 2019

Rodrigo Costoya Santos

Bo día, lembrades que o outro día amosámosvos unha das adquisicións que están chegando ao cole? Sí, sí, a novela Portosanto, de Rodrigo Costoya Santos. Pois ben, recomendámosvos ver o seguinte enlace dunha entrevista co autor, onde ademais de coñecer algúns datos interesantes da súa biografía, tamén se explica moi ben a orixe e tema central de Portosanto. Merece moito a pena! Ah! A semana que vén darémosvos unha sorpresiña relacioanda con este tema... Atentos ao blog!





martes, 28 de mayo de 2019

Libros!!!

Que ben!!! Xa estamos comezando a recibir as novas adquisicións no cole... Ademais, o libro que tedes na seguinte imaxe é moi importante para nós... Queredes saber por que? Pois vades ter que agardar un par de días... Estade atentos ao blog!





Lembrar!

Sempre que collamos un libro temos que ter en conta como nos comezamos a mergullar na aventura que temos diante dos nosos ollos, como vamos lendo pouco a pouco...temos que ter todas as nosas partes de lector activas e dispostas a traballar...



E se facemos isto nunha biblio temos que lembrar sempre que as bibliotecas son lugares moi  moi especiais...sobre todo a nosa!!!



Recuncho de lectura!

O noso recuncho de lectura, que se atopa nun lugar estratéxico do cole, muda cada pouco tempo tendo en conta as diversas temáticas que se traballan desde o centro. Estes días estivo adicado á figura do noso fundador, D. Baltasar Pardal Vidal e á relixión, polo que tivemos á disposición dos nenos varios sobre sobre esta temática. A continuación tedes unha pequena mostra! Teredes que estar pendentes do blog se queredes saber cal será a próxima temática!!! 

                                     






Venres na biblio!

Como cada venres, seguimos encantados de recibir a visita dos nenos e nenas de infantil, sobre todo Bookie, a nosa mascota, que lles recomenda moitísimos libros interesantes!















Antonio Machado!

Bo día! Pasaron xa 80 anos da morte de Antonio Machado, mais a súa estela non se desvanece có paso do tempo. En Imprescindibles, da 2 TVE,  emitiuse fai pouco  o documental "Los mundos sutiles", dedicado a este magnífico poeta andaluz da Xeneración do 28.
Botade unha ollada ao seguinte enlace para lembrar a súa figura e obra...








lunes, 27 de mayo de 2019

Xogo de equilibrio!

Mirade a que estiveron xogando hoxe no recreo algúns dos nosos alumnos de 2ESO! O próximo día a torre será máis alta! Van por bo camiño!!!


Curiosidade!

Bo día, sabíades que a primeira autora coñecida da historia foi unha muller? Trátase da sacerdotisa acadia Enheduanna, filla do rei Sargón I de Acad, que viviu na rexión de Sumeria no século III a.c. E sabíades que a primeira gran novela foi publicada pola xaponesa Murasaki Shikibu no século XI? Son soamente dous exemplos que colocan á muller nunha posición de peso na historia das letras demostrando que, malia ás crenzas populares, tiñan sobrada capacidade de traballo intelectual. Entón, por que apareceron escritoras con pseudónimo masculino ao longo da historia? Pincha no seguinte enlace para averigualo, merece a pena...





viernes, 24 de mayo de 2019

Blogs de literatura infantil!

Mirade o seguinte enlace.... Cantas cousas chulas para traballar cós máis peques da casa!!! Merece a pena estar un rato lendo algunhas destas recomendacións...





Mindfulness!

Bo día, sabedes algo sobre o mindfulness??? Non??? Pois mirade o seguinte enlace... É unha práctica moi interesante que pode axudarnos moito á hora de levar unha vida mellor, tanto a nós como aos nenos, tanto aos máis pequenos como aos máis maiores... Botádelle un ollo ás seguintes recomendacións sobre este temática, son xeniais...






jueves, 23 de mayo de 2019

Editamos!

Bo día! Sabedes o que fixeron os alumnos de 2 ESO? Editaron un libro sobre animais!!! Sí, sí, é certo! É súper chulo porque ten un montón de curiosidades sobre os vertebrados e invertebrados e por riba está presentado dunha forma moi divertida... Causou tanto éxito que como podedes ver nas seguintes imaxes ata os nenos de infantil estiveron traballando con el na clase... Mirade, mirade...

















miércoles, 22 de mayo de 2019

Préstamos!

Algunhas das alumnas de 1ESO viñeron hoxe á biblio a buscar algún libro relacionado con detectives... E sabedes que colleron? Libros de dúas coleccións que temos na biblio cheos de misterio e aventura... Se queredes saber cales son... botade un ollo ás seguintes imaxes! 







Recreos!

Parece que os máis maiores do cole colléronlle gusto a isto de vir á biblio nos recreos!!!




Sabor a verán!

Neste tempo no que o sol xa comeza a aparecer e todos temos ganas de que chegue o verán... mirade que "xeados de cornete" fixeron os alumnos e alumnas de 1EP... Son moi especiais, no seu interior agochan algo único... Queredes saber o que? Mirade, mirade... Eu quero un!!!











Lectura en familia!

Que importante é a animación á lectura! Desde o cole é un labor que facemos xa desde infantil e que seguimos traballando día a día cós alumnos máis maiores do centro, aínda que nesta etapa é un pouco máis difícil. Animámosvos a que tamén traballedes neste senso desde a casa, a combinación familia-escola é fundamental para que que as aprendizaxes sexan máis efectivas. Aquí tedes 42 recomendacións a ter en conta para nenos e nenas de todas as etapas... Botade un vistazo, están moi ben e é importante coñecer estas obras!!!




Ollo!

Bo día, comezamos a xornada recomendando o seguinte enlace! É moi interesante, tedes un monón de consellos sobre como manter ben coidados os libros que temos na casa e no cole!



martes, 21 de mayo de 2019

Plantas no Camiño!

O outro día falámosvos do proxecto sobre as plantas no Camiño no que están colaborando de forma conxunta 1 e 2EP con 1 e 4 ESO. Os alumnos de primaria xa fixeron a súa primeira saída de observación do medio e a semana pasada tocoulles aos máis maiores, que ademais de saír tamén fixeron unha pequena investigación con libros que temos na biblio desta temática. Agora están a piques de comezar o traballo en equipo!!! E relacionado coas materias que abrangue este proxecto, mirade que libros tan chulos e didácticos sobre a flora e a fauna...