"A lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar" "

lunes, 30 de septiembre de 2019

Súper recreos!

Como nos gustan esta visitas na biblio durante os recreos!!! Grazas chicos!!!


Cancións convertidas en libros!

Aquí vos deixo unha serie de recomendacións interesantes para os máis peques da casa...



Isto sí que é un tesoro!

Sabíades que a residencia dos duques de Alba agocha a maior colección de arte de España e moitos documentos de gran valor histórico??? Lede a seguinte información, seguro que non sabíades isto... Lémbrovos que temos varios libros na biblio sobre esta persoaxe tan importante da nosa historia...



Que pasada de sitios!!!

Bo día! Tedes que ler a seguinte información sí ou sí, mirade que volta ao mundo tan interesante...



viernes, 27 de septiembre de 2019

Unión Galega de Epilepsia!

Hoxe os alumn@s da ESO tiveron unha charla da UGADE, Unión Galega de Epilepsia. Estivo xenial, foi moi práctica e aprendimos un montón de cousas sobre este tema. Ademais, déronnos uns agasallos moi especiais...uns cómics que tratan esta problemática. Moitísimas grazas por todo!!!







jueves, 26 de septiembre de 2019

Keith Richards! The Rolling Stones!

Non vos podedes perder esta información! Buscade un momentiño e botádelle un vistazo á iniciativa persoal de Keith Richards, guitarrista e fundador de The Rolling Stones... Bravo!!!




27 libros marabillosos!

Aquí tedes tamén 27 recomendacións para traballar cos nenos máis peques da casa diferentes temas... Botádelles unha ollada, veredes que son moi interesantes!



El cazo de Lorenzo!

Bo día, desde a biblio recomendámosvos este libro, unha obra preciosa para traballar a atención á diversidade. Queredes saber algo del? Pois mirade o seguinte vídeo...



martes, 24 de septiembre de 2019

Educación inclusiva e poesía!

O que podemos transmitir coa voz... Recoméndovos escoitar a este muller de 85 anos recitando poesía... Merece a pena escoitala recitando una poesía fermosa sobre a realidade que vive cada día...



Solidarizámonos!

Aquí están algúns alumn@s do cole con algo verde, reivindicando a importancia de coidar o planeta  e loitar contra o cambio climático!!!









As "outras Gretas"!



Planeta terra, nai terra

No seguinte enlace, e relacionado coa temática do coidado do planeta, tema de actualidade estes días, déixovos unha serie de recomendacións por se queredes traballar este tema c@s nen@s a través da lectura... A biblio está á vosa disposición por se queredes coller algún libro sobre esta temática para a casa!



Que marabilla de nena!

Coñecedes a Greta Thunberg??? Non??? Pois non podedes deixar de facelo... Anímovos a visitar o seguinte enlace, atoparedes un pouco de información sobre este nena de 16 anos e un vídeo no que fai un discurso marabilloso sobre a importancia do coidado do planeta e o papel dos políticos neste tema... 



Cumbre Mundial polo Clima!

Bo día! Como ben sabedes, estase a celebrar en Nueva York a Cumbre Mundial polo Clima. Déixovos nos seguintes enlaces un pouco de información moi interesante sobre o cambio climático e as súas consecuencias. Botádelle un vistazo, é moi importante reflexionar sobre este tema, tomar conciencia e axudar a facer do mundo no que vivimos un lugar mellor...






lunes, 23 de septiembre de 2019

El Principito!

Familias, alumn@s! A que xa sabedes de que libro é unha das ilustracións que temos este ano na entrada do cole??? Pois sí, é da obra El Principito, de Antoine de Saint-Exúpery. Lémbrovos, por se vos interesa, que na biblio temos varios exemplares, en castelán e en galego. Están á vosa disposición! Deíxovos no seguinte enlace unha serie de curiosidades sobre este libro que seguro non coñecíades...




Que interesante!

Bo día, familias e alumn@s!

Recoméndovos as actividades que se están a realizar na Biblioteca P. M. Rosalía de Castro de Arzúa neste mes de setembro. Anímovos a asistir, teñen moi boa pinta!!!


sábado, 21 de septiembre de 2019

O noso cole mola! Mirade como vos recibimos!!!

Bo día amig@s! Onte marchei moi contento do cole, sabedes por que? Mirade, mirade... Recoñecedes a última ilustración??? Pensade!!! Seguro que compartimos a mesma opinión, estas cousas fan do noso cole un colexio único e marabilloso!!! Boa fin de semana, vémonos o luns!!!






martes, 17 de septiembre de 2019

Descubrimento feito!

Bo día! Despois de dous días clase, os nosos alumn@s da ESO por fin saben por que  as nosas aulas teñen nomes este curso.  Por se algún deles estivo un pouquiño despistado, lémbrovos que este curso cada aula da ESO ten como nome a obra dun autor español (Arturo Pérez Reverte, 1ESO), inglés (William Shakespeare, 2ESO), francés (Edmond Rostand, 3ESO) e galego (Eduardo Blanco Amor, 4ESO). Traballaremos conxuntamente unha obra deles e as súas figuras e faremos unhas actividades moi entretidas e produtivas!






lunes, 16 de septiembre de 2019

ESO!

Bo día amig@s!!! Hoxe comezaron o cole os máis maiores!!! E mirade que recibimento...Así mola!!!








martes, 10 de septiembre de 2019

Que marabilla!!!

Non o vades crer! Algo está pasando polas aulas de secundaria do cole...Camiñando cara a biblio atopeime con estas cousiñas....Que estarán tramando os profes de ESO? Penso que vamos ter que agardar ata o próximo luns para sabelo...Que ilusión!!! Xa estamos todos coas pilas cargadas para comezar este novo curso!!! 





Benvido, setembro!!!

Bos días, amigos e amigas!!!

Despois dun looooongo verán no que aproveitei para descansar e viaxar, viaxar e viaxar, ya estou de novo no cole!!! Listo para recibir mañá ao alumando de infantil e primaria! Que ganas de velos!!! E veño con moitas ideas novas para aplicar no cole este curso, xa veredes, xa veredes... Pero sabedes unha cousiña? Nas miñas viaxes arredor do mundo mirade que sitios tan incribles visitei...


      https://elviajero.elpais.com/elviajero/2018/07/31/album/1533036263_013678.html#foto_gal_3