"A lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar" "

jueves, 11 de junio de 2020

Un pesar enorme...

Hoxe queremos render unha homenaxe a Araceli Herrero Figueroa, recentemente falecida... Para os que non a coñecíades, se é o caso, foi catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura da Universidade de Santiago de Compostela (USC), ademais da primeira profesora en ensinar galego en Lugo tras o franquismo. Estudosa de Pardo Bazán, Pimentel e o recentemente homenaxeado Carballo Calero, deixa un oco enorme no corazón de todos os que a coñecíamos, pola súa profesionalidade e personalidade...


No hay comentarios:

Publicar un comentario