O pasado día 21 celebrouse o Día Mundial da Poesía... Nestes tempos complexos a poesía pode ser unha excelente aliada para manter a esperanza... "Piedritas en la ventana" é un precioso poema de Mario Benedetti. Parece que Benedetti escribiu este poema pensando nestes días de illamento, ansiedade e temor. Esta pandemia, estas semanas que estamos vivindo, estannos a brindar a oportunidade de deternos a reflexionar, a escoitar a música, a percibir ao outro, a sentir. Que isto nos sirva para crecer, para ser máis solidarios, máis empáticos, para prestar máis atención ao que verdadeiramente importa. Finalmente, vamos a estar ben...
No hay comentarios:
Publicar un comentario