No ano 2015, a ONU estableceu
un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as
nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución
A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación
plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para
lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Lembrar que a ciencia
e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS,
incluidos na Axenda
2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
Esta é unha data que cada ano
se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores
STEAM. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de
investigación e experimentación ... son algunhas das actividades que ocupan os
espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.
Pinchade nos seguintes
enlaces para coñecer as nosas recomendacións sobre esta temática!
Lecturas recomendadas primaria...
Lecturas recomendadas secundaria...
Biblioteca creativa...
Ciencia en galego...
No hay comentarios:
Publicar un comentario