Bo día!!! Que importante é facer chegar a lectura a todo o mundo, sobre todos aos máis peques!!! Xenial esta iniciativa de Pedro Pérez Luna, que fixo chegar aos nenos e nenas da súa comunidade indíxena de México unha das nosas obras máis especiais, El Principito. E sabedes cal foi a lingua á que traduciu a obra de Antoine de Saint-Exúpery? O totonaco... Se queredes saber un pouco máis sobre esta lingua e esta cultura tan tan interesante pinchade nos seguintes enlaces... Lémbrovos que tedes na biblio El principito, en galego e castelán! Lectura obrigada!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario