"A lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar" "

martes, 14 de mayo de 2019

Segunda Guerra Mundial!

O alumnado de 4ESO xa finalizou o seu traballo sobre a Segunda Guerra Mundial! Para analizar mellor o conflito, visionaron na biblio a película Pearl Harbor, sobre o ataque militar por sorpresa da Armada Imperial Xaponesa contra a base naval dos EEUU en Pearl Harbor (Hawai) o 7 de decembro de 1941. Despois investigaron con máis detalle para saber máis cousas sobre os antecedentes, as causas, o desenvolvemento e as consecuencias deste acontecemento tan importante da historia. Traballaron moito! Finalizaron o traballo expoñendo aspectos da súa investigación e facendo un debate na clase. E sabedes que? Temos na biblio unha colección moi chula e fácil de ler sobre os acontecementos máis importantes da historia! Recomendamos 100% a súa lectura!









No hay comentarios:

Publicar un comentario