O alumnado de 1ESO xa rematou os seus traballos en cooperativo sobre a figura do escritor e poeta danés Hans Christian Andersen. Despois de investigar sobre a súa vida e obra, cada equipo traballou especificamente un aspecto da súa figura e plasmou a información nun breve dossier. Tamén decidiron facer un retrato seu empregando un caligrama con palabras relacionadas coa literatura. Agora toca unha das melloras partes!!! Os equipos están a piques de representar un conto aos nenos e nenas da infantil, algún de Andersen. Queredes saber como van os ensaios? Ollade, ollade...
No hay comentarios:
Publicar un comentario