Para consultar!

martes, 24 de marzo de 2020

Rap pola diversidade!

Onte recopilamos desde a biblio varios recursos para traballar a diversidade e a inclusión cos nen@s (libros, pelis...), pois como xa sabedes fai uns días celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down. Pois ben, hoxe quérovos amosar o traballo dunha persoa moi especial... Juan Rico Andión, que asiste diariamente ao Centro Ocupacional de Vilalba, na Terra Chá (Lugo), onde realiza diferentes tipos de labores... Pídovos que dediquedes un anaquiño a ler este rap que fixo él mesmo, desde o corazón... Se algún de vós se anima a poñerlle música sería xenial, podedes mandalo ao correo da biblio (bookiemascota@gmail.com)... Quen se anima???


No hay comentarios:

Publicar un comentario