Bo día! Despois de dous días clase, os nosos alumn@s da ESO por fin saben por que as nosas aulas teñen nomes este curso. Por se algún deles estivo un pouquiño despistado, lémbrovos que este curso cada aula da ESO ten como nome a obra dun autor español (Arturo Pérez Reverte, 1ESO), inglés (William Shakespeare, 2ESO), francés (Edmond Rostand, 3ESO) e galego (Eduardo Blanco Amor, 4ESO). Traballaremos conxuntamente unha obra deles e as súas figuras e faremos unhas actividades moi entretidas e produtivas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario