Para consultar!

martes, 30 de junio de 2020

Vémonos pronto!

Despois deste curso tan diferente ao que estábamos acostumados, toca descansar un pouco para comezar setembro coas pilas cargadas e con moitas ganas!!! Agardamos que teñades un bo verán e, sobre todo, moita saúde. Non esquezades seguir lendo, en calquera sitio!!!

Unha aperta grande de todo o equipo, vémonos!!!




En preparación...

No cole xa nos estamos preparando para o novo curso... 

Mirade, mirade... ☝☝☝😀💗

Que cousiñas tan interesantes!!!!!!!!!!








Grazas, grazas e grazas!!!

Hoxe queremos agradecer a todos os que estivéchedes traballando con nós desde a casa, aos alumn@s e ás familias, grazas por seguir estando presentes e por contribuír a que a biblio estivera activa todo este tempo... Compartimos algunhas das vosas fotos... 💕










jueves, 11 de junio de 2020

Lecturas con sabor a mar...

O pasado 8 de xuño celebrouse o Día Mundial dos Océanos... Que importante é coidar do mundo que nos rodea!!! Para traballar este tema, recomendámosvos as seguintes lecturas...
Agardamos que vos gusten! 

Non esquezades ser reponsables, sempre, pero hoxe máis que nunca...

Esta loita é de todos!!!




Unha palabra para Don Ricardo...

Compartimos con vós unha pequenísima entrevista na que a recentemente falecida Araceli Herrero Figueroa define a Carballo Calero...

Que a terra te sexa leve...





Un pesar enorme...

Hoxe queremos render unha homenaxe a Araceli Herrero Figueroa, recentemente falecida... Para os que non a coñecíades, se é o caso, foi catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura da Universidade de Santiago de Compostela (USC), ademais da primeira profesora en ensinar galego en Lugo tras o franquismo. Estudosa de Pardo Bazán, Pimentel e o recentemente homenaxeado Carballo Calero, deixa un oco enorme no corazón de todos os que a coñecíamos, pola súa profesionalidade e personalidade...


Mandamentos!

Hoxe queremos compartir con vós os 10 mandamentos que debe seguir un bo lector... Cantos segues ti?



Xoves!

Comezamos o día con esta imaxe... Desde a biblio encántanos, sempre hai un momento e un espazo para ler, sempre! Que imaxe tan tenra!