Para consultar!

jueves, 30 de enero de 2020

Felíz día da paz!

E por que se conmemora este día? Pois porque foi cando Mahatma Gandhi, líder espiritual da India e considerado como a principal figura do pacifismo no mundo, morreu, de ahí que se decidira honrar a súa memoria e a súa mensaxe con esta iniciativa. 
Aquí tedes un enlace sobre a figura de Gandhi e algunhas das actividades que se están a facer no centro...Nos próximos días amosarémosvos máis! Camiñamos XUNTOS???
#díaescolardanonviolenciaeapaz#

martes, 28 de enero de 2020

Imprescindibles!

A literatura aparece como unha búsqueda, pero sobre todo como un espello implacable que devolve o horror do maior xenocidio. Neste enlace, unha selección de obras top... Non deixedes de ler tampouco o segundo... Que estará a facer o bibliotecario alemán? Tedes que ler o artigo para descubrilo...





A civilización romana!

Hoxe os alumn@s de 1ESO foron á clase dos compañeir@s de 3EP! E sabedes por que? Ambos traballamos a civilización romana e as suás características, así que despois de rematar este tema compartimos xuntos todo o que aprendimos! Comezou a exposición Pablo, ensinando onde se atopa Italia, cal é a súa capital, de que ten forma... E ata falou da comida e postres típicos de Italia! Continuaron logo falando da sociedade e arte! Foi xenial e moi enriquecedor! E como os peques se portaron taaan ben e estiveron tan atentos... tiveron un agasallo! Un marcapáxinas con decoración deste civilización! Encantoulles!!!





























Fake news!

Como todos os luns, os alumn@s de 3 e 4ESO traballan na materia de Xeografía e Historia coa prensa, analizando e debatendo algúns dos titulares que aparecen días antes en diversos medios de comunicación... Esta semana queremos felicitar especialmente a Mariana e Pablo de 3ESO, que iniciaron un debate moi interesante ao que se uniron posteriormente outros compañeir@s... E relacionado con isto recomendámosvos ler este artigo sobre as fake news, está xenial para facer unha refelxión sobre este tema e o mundo que nos rodea!











Recomendación!

Bo día, hoxe recomendamos, relacionado coa temática que tratamos onte, a seguinte obra... Recomendable sí ou sí! Non podedes deixar de ler tampouco o seguinte enlace, pois nel cóntase a historia de Joaquín Balboa, un dos sobrevivente do horror de Mathausen, un campo de concentración en Austria...




Breve reseña da novela...



Joaquín Balboa...




lunes, 27 de enero de 2020

Ler mola!

Que gusto ver a alumn@s lendo na biblio! Nesta ocasión estivo por aquí Pablo, de 1ESO, lendo un dos seus libros favoritos, Os bolechas... Lembramos que temos varias coleccións na biblio á vosa disposición, un deles sobre a figura de Rosalía...