Para consultar!

viernes, 21 de junio de 2019

Planetas!

Exposicións sobre os planetas rematadas!!! Aquí tedes unha pequena mostra...
















Vai de pelis!

Os alumnos da ESO, despois de visionar o filme Gladiator na nosa semana de cine, estiveron tamén vendo La vida es bella. Recoméndovos esta película, a historia é un pouco dura pero tamén nos axuda a comprender moitas cousas e a facer unha reflexión importante desde o punto de vista histórico, político e humano.
Tamén visionaron o fime Titanic, sobre o hundimento deste trasatlántico tan coñecido na madrugada do 4 de abril de 1912. Outro rexistro moi diferente dos anteriores pero que relata tamén un dos feitos máis famosos da historia.






Festival!

Onte foi un día estupendo no cole!!! O festival, relacionado coa temática do noso proxecto deste curso, o cine, foi marabilloso! As actuacións dos nosos nenos e nenas foron xeniais!!! Non me extraña, traballaron un montón as coreografías relacionadas con diferentes tipos de películas! E a decoración unha verdadeira chulada!!! Mirade, mirade...




Que chulada!!!

Mirade este vídeo sobre os ecosistemas que fixo un grupo de alumnos de 1ESO, merece moito a pena!!! Canto traballo!!!



Os ecosistemas!

Os alumnos de 1ESO xa remataron os seus traballos sobre os ecosistemas!!! O traballo resultou xenial, aprenderon moito traballando en equipo e fixeron unhas maquetas moi logradas! Botade unha ollada...










A enerxía!

Despois de investigar e traballar na biblio, mirade que ben explican os alumnos de 2ESO os seus traballos sobre a enerxía... As maquetas están moi ben!!!








Máis de Roma!

Ademais de visionar o filme do que falamos nunha das publicacións anteriores, os alumnos de 1ESO estiveron facendo unha pequena investigación sobre recreacións históricas relacionadas coa civilización romana. E sabedes sobre que investigaron? Sobre o Arde Lucus, unha festa celebrada fai uns días cerca do noso cole, en Lugo, que revive o pasado romano e castrexo da cidade amurallada. 
Para falar un pouco sobre ela e explicar a vestimenta típica desta época, algunhas das nosas alumnas vestíronse de romanas e castrexas!!!





Sistema solar!

Os nosos alumnos de 1ESO están a piques de rematar os seus traballos de investigación sobre os planetas!!! Están quedando traballos moi feitiños...






Roma!

Bo día! Estes días, na última semana de curso e relacionado co noso proxecto de centro, estamos facendo sesións de cine no cole! Os alumnos de 1 e 2ESO están visionando a película Gladiator.  

Máximo, xeneral romano, desexa volver a casa, pero o emperador Marco Aurelio quere que herede o imperio. Esto fai que Cómodo, fillo do emperador, mande matar á súa familia. Máximo fuxe e regresa a Roma como un gladiador para vengar a morte da súa familia.
Recomendación máxima!!! 






miércoles, 12 de junio de 2019

Alexandría!

Desde a biblio non podemos deixar de facer referencia a este súper artigo!!! Sí, sí... súper!!! Supoño que coñecedes a biblioteca de Alexandría non? Se a resposta é afirmativa, invítamosvos a ler algúns dos libros que temos na biblio sobre ela e mesmo sobre Hipatía de Alexandría, unha persoaxe moi importante da Idade Antiga! E se non a coñecedes que mellor ocasión para facelo??? 






Civilización grecolatina!

Os alumnos de 1ESO, despois de investigar e traballar un montón, xa remataron os seus traballos sobre Grecia e Roma! Fixeron unhs traballos marabillosos, unhas maquetas moi logradas e moi ben explicadas!!! Temos moitos libros na ni biblio sobre as civilizacións da época antiga!!!